Proxectos > Plan Director de conservación e posta en valor do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro

Plan Director de conservación e posta en valor do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro

Planificación

Ámbito de actuación: Cervás. Ares.

Cliente: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

Temática: Plan Director. Rehabilitación.

Descrición:

O obxecto deste Plan Director é dar unha visión de conxunto da situación do Mosteiro, dos seus valores, estado de conservación e necesidades de intervención. A súa realización abórdase dende unha visión multidisciplinaria con intención de contar cunha comprensión ampla dos recursos existentes e das posibilidades de actuación. Descríbese o estado actual do inmoble e dos bens que o compoñen, así como as principais patoloxías, propoñendo unhas determinadas actuacións que deberían levarse a cabo por orde de importancia. Expóñense as distintas iniciativas públicas de revitalización, os diversos usos propostos e as accións de difusión.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais