Novas > Plan Especial de Conxo

Plan Especial de Conxo

Crecente Asociados resultou adxudicatario do concurso convocado polo Consorcio de Santiago para a redacción do “Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo co seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos de entorno (PE-1R)”, que deberá dotar ao ámbito do traballo dun planeamento preciso, dirixido á súa ordenación, recuperación e conservación.

Para a execución dos traballos constituise un equipo multidisciplinar, formado por arquitectos, xuristas, economistas, historiadores, xeógrafos, arqueólogos, sociólogos, técnicos mediambientais, enxeñeiros de camiños, paisaxistas e humanistas.

Ademais de responder á situación urbanística actual, preservando a calidade da paisaxe e do patrimonio, e velando por unha mellora da accesibilidade, o Plan deberá trazar un entorno de amortecemento para a área incluída na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO e establecer un sistema de xestión e sostibilidade que garanta a efectiva protección da área e os bens que abrangue.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais