Novas > Plan Especial de Protección de As Catedrais

Planificación

Plan Especial de Protección de As Catedrais

Crecente Asociados , en colaboración co IBADER e con GAU Urbanismo e Arquitectura, está a redactar o Plan Especial das Catedrais, PE_1, do Plan Xeral de Ordenación Urbana, que ten por obxecto fundamental preservar o patrimonio deste espazo natural de singular valor paisaxístico, e ordenar os usos, a prol dun turismo respectuoso co ambiente.

Para acadar esta meta, o plan debe poñer en valor os recursos do lugar, comezando polos intrínsecos do Monumento, e non só os xeolóxico e naturais, senón tamén os construídos polo home, tanto fisicamente como na súa memoria, co patrimonio intanxible.

É vital facer uso dos instrumentos ao noso alcance no lugar, singularmente a liña ferroviaria coa súa accesibilidade, trazado e noiros, que nos permitirán traballar coa paisaxe; así como ter en conta a tódolos axentes empezando polos veciños, as asociacións, os visitantes e a tódalas administracións implicadas.

Os técnicos traballamos a diario co norte arriba e o sur abaixo, e cando vemos os planos da zona, o mar está enriba, e embaixo a montaña. Pero os veciños de Rinlo ensináronnos unha cousa, que o punto de vista é o que importa, e eles chámanlle enriba a terra, e abaixo o mar que traballa eses cantís de singular expresión xeomorfolóxica, porque en definitiva,a terra non é máis que o debuxo do mar

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais