Novas > Plan Estratéxico Ourense Provincia Termal

Planificación

Plan Estratéxico Ourense Provincia Termal

O pasado 4 de Febreiro de 2014 presentouse no Teatro Principal de Ourense o Estudo: Ourense Provincia Termal, realizado por Crecente Asociados tralo encargo da Axencia Turismo de Galicia, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense.

O documento estruturase en tres tomos, un primeiro de Diagnose, o segundo o Plan Director que recolle en cinco liñas estratéxicas, 94 propostas, e un terceiro tomo, de Anexos no que se recollen informes sectoriais, inventarios, referencias, e programas.

O estudo ten como obxecto principal a posta en valor dos inxentes recursos termais da provincia, con máis de 57 focos, e 7 Millóns de litros de auga termal o día,  que converten o termalismo en posible fonte de desenvolvemento turístico e socioeconómico ourensán.

En base a tódolos traballos anteditos, e como froito dese traballo multidisciplinar, e da participación dos diversos axentes, presentase como conclusión unha análise de puntos fríos, versión termal das debilidades e ameazas, puntos quentes representando as fortalezas e oportunidades,a partir dos cales se definen as liñas estratéxicas seguintes:

1. Lexislación, planificación, e  xestión integrada que acolla a tódolos axentes, e ordene a cooperación publico privada.

2. Mellora, diversificación e creación de infraestruturas termais que caractericen ao destino, adaptándoas o seu entorno, e contemplando as súas accesibilidades.

3. Deseño e integración de produtos turísticos de base termal, enfocados aos diversos segmentos de demanda, e outros novos como o corporativo ou senior.

4. Cultura, innovación, investigación e desenvolvemento termal.

5. Marca, imaxe, comercialización, e participación en redes.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais