Novas > Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira Sacra

Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira Sacra

Baixo a dirección e coordinación da Fundación Juana de Vega, Crecente Asociados desenvolveu a proposta que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentou ao Programa de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR). En base ás reunións de participación mantidas e ao diagnóstico turístico elaborado, a proposta estruturouse nunha serie de accións que, enmarcadas nas liñas da candidatura a Patrimonio Mundial, perseguen garantir a sostibilidade ambiental, económica e social no proceso de consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.

A convocatoria da SETUR recibiu un total de 154 solicitudes, resultando a de Ribeira Sacra unha das 25 seleccionadas para a súa implantación. O Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira Sacra desenvolverase en 3 anos, a través do cofinanciamento do Estado, da Xunta de Galicia e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

A súa posta en marcha permitirá abordar actuacións relacionadas coa creación de novos produtos, a sinalización dos recursos, a mellora da mobilidade, o embelecemento dos cascos históricos, a aplicación das novas tecnoloxías, a xestión do uso público ou a promoción sostible, entre outras.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais