Novas > Presentación do libro "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems. Ribeira Sacra”

Presentación do libro "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems. Ribeira Sacra”

O 27 de novembro tivo lugar na Embaixada de España en Francia a presentación do libro "A  future   for  the   land: cultural   landscapes, rural   management   and   geographical   information   systems. Ribeira Sacra" ("Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica. Ribeira Sacra"), editado pola Fundación Juana de Vega e coordinado por Mario Crecente.

A obra recolle as achegas do seminario do mesmo nome que se celebrou os días 8 e 9 de novembro de 2018 no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil e no que participaron expertos internacionais vinculados coa xestión de paisaxes culturais. O resultado é un libro que, desde diferentes perspectivas, analiza o papel das novas tecnoloxías dixitais, e especialmente os Sistemas de Información Xeográfica, no recoñecemento dos  complexos valores das Paisaxes Culturais e a súa integración nos sistemas de xestión.

No acto de presentación do libro interviñeron Roberto Varela Fariña, Conselleiro Cultural da Embaixada de España en Francia; Enrique Sáez Ponche, presidente da Fundación Juana de Vega; Isabel Aguirre de  Urcola, directora da Escola Galega do Paisaxe Juana de Vega; Mario Crecente Maseda, coordinador da publicación; e  Paul  T.  Simons, membro de  ICOMOS  UK. Á finalización do acto houbo unha degustación de viños de Ribeira Sacra.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais