Presentación do Plan Director e de Usos do Pazo de Quintáns
O pasado xoves 11 de febreiro Mario Crecente presentou no local da Comunidade de Montes de Noalla o Plan Director e de Usos do Pazo de Quintáns, encargado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O Plan Director analiza a edificación desde os puntos de vista histórico, morfolóxico, xurídico, arqueolóxico e turístico e diagnostica as principais patoloxías da edificación, propoñendo un plan de usos e xestión e definindo unha proposta de ordenación xeral. Na seguinte ligazón está dispoñible unha nota de prensa sobre o acto publicada no Diario de Arousa.