Novas > Proceso de participación para a redacción do Plan Especial de Conxo

Proceso de participación para a redacción do Plan Especial de Conxo

Por encargo do Consorcio de Santiago, Crecente Asociados desenvolve a asistencia técnica para a redacción do “Plan Especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo cos seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos da contorno (PE-1R)”. Co obxectivo de recoller as opinións e propostas da cidadanía e as entidades sociais, iniciouse un proceso participativo a través de diferentes canles.

No mes de xuño celebráronse catro sesións de participación, consistentes nunha reunión xeral da presentación, unha sesión de traballo con residentes no ámbito do Plan Especial, unha sesión de traballo con asociacións e particulares con intereses no devandito ámbito e unha visita comentada á área de intervención, na que técnicos e cidadanía intercambiaron coñecementos e visións sobre as problemáticas e oportunidades de Conxo.

Ao mesmo tempo abriuse unha enquisa de participación, dispoñible nesta ligazón e que estará operativa ata o 11 de agosto. Se sodes residentes ou interesados en Conxo, animámosvos a participar e a difundir o cuestionario entre os vosos contactos. Así mesmo, podedes enviarnos calquera comentario ou suxestión ao correo conxo@crecenteasociados.com

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais