PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO BALNEARIO DE LUGO (FASE 1 – PLAN DIRECTOR)
Ámbito de actuación: Lugo
Cliente: Balneario y Termas de Lugo S.L.
Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación. Urbanización.
Descrición:
Este proxecto culmina un traballo de cinco anos desde a redacción do PLAN DIRECTOR DO BALNEARIO DE LUGO-TERMAS ROMANAS, que tiña por obxecto "compatibilizar turismo e patrimonio co uso e a conservación dos valores do ben de interese cultural, sen renunciar á súa fin orixinal, que é curar a través da auga".
O presente Proxecto de execución atende a dous ámbitos de actuación principais: a reforma interior do inmoble e a urbanización exterior.
As obras de urbanización responden ás últimas intervencións na N-VI e resolven o cumprimento dos estándares de estacionamento, á vez que se integra a edificación coa ribeira do Miño.
As obras de reforma interior atenden ao corpo de edificación paralelo á calzada e pretenden completar un novo núcleo de comunicacións accesible a todas as plantas, que presente o conxunto da edificación e permita en fases sucesivas o percorrido museolóxico da área das termas. As obras suxiren, ademais, a rehabilitación dos espazos afectados e a integración dos achados arqueolóxicos no conxunto.