Novas > PROXECTO DE EXECUCIÓN 1.ª FASE REFORMA DO HOTEL BALNEARIO DE LUGO-TERMAS ROMANAS

Proyectos

PROXECTO DE EXECUCIÓN 1.ª FASE REFORMA DO HOTEL BALNEARIO DE LUGO-TERMAS ROMANAS

Este proxecto culmina un traballo de cinco anos desde a redacción do PLAN DIRECTOR DO BALNEARIO DE LUGO-TERMAS ROMANAS, que tiña por obxecto "compatibilizar turismo e patrimonio co uso e a conservación dos valores do ben de interese cultural, sen renunciar á súa fin orixinal, que é curar a través da auga".

O presente Proxecto de execución atende a dous ámbitos de actuación principais: a reforma interior do inmoble e a urbanización exterior. Estas últimas actuacións veñen determinadas polas últimas actuacións da N-VI e de saneamento da cidade, e a necesidade de cumprir os estándares dos aparcadoiros, á vez que se integra a edificación coa ribeira do Miño, e se mitigan os efectos das anteditas infraestruturas.

As obras de reforma interior atenden ao corpo de edificación paralelo á calzada e pretenden completar un novo núcleo de comunicacións accesible a todas as plantas, que presente o conxunto da edificación e permita en fases sucesivas o percorrido museolóxico da área das termas. As obras suxiren, ademais, a rehabilitación dos espazos afectados e a integración dos achados arqueolóxicos no conxunto.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais