Proxectos > Posta en marcha do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte

Posta en marcha do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte

Consultoría

Ámbito de actuación: Costa da Morte

Cliente: Deputación provincial da Coruña

Temática: Planificación Turística

Descrición:

Plan de Dinamización turística para a Comarca da Costa da Morte. Redactado nun tempo récord tras a catástrofe do Prestige, este plan recolle as principais demandas dun plan destas características, nas diversas áreas de actuación, e logra o acordo das diferentes administracións implicadas (Estado, Goberno autonómico, Deputación da Coruña e municipios afectados), logrando articular por primeira vez unha estratexia planificada para o desenvolvemento do turismo na área. Inclúe propostas de actuación en lugares clave: contorno do Faro de Fisterra, entrada ao Monte Pindo, Castelo de Vimianzo, Torres do Allo, Faro de cabo Vilán e Hórreos de Carballo, entre outros. O lema suxerido foi "Costa da Morte: Mar de Vida"

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais