Proxectos > Rehabilitación do Pazo de Quintáns

Rehabilitación do Pazo de Quintáns

Ámbito de actuación: Pazo de Quintáns

Cliente: Concello de Sanxenxo

Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación.

Descrición:

En 2017 Crecente Asociados preparou a documentación técnica necesaria para a solicitude, por parte do Concello de Sanxenxo, da inclusión do proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns no programa 1,5% cultural do Ministerio de Fomento, resultando unha das propostas seleccionadas.

 

Entre febreiro e maio de 2018, por encargo do Concello de Sanxenxo, Crecente Asociados redactou o proxecto básico e de execución de rehabilitación do Pazo de Quintáns como Museo da Paisaxe Cultural da Lanzada.

Como principios básicos, o proxecto redactado por este equipo proponse: contribuír ao seu mellor coñecemento, rehabilitación, conservación e mantemento; deseñar unha intervención compatible coas estruturas e espazos dispoñibles; e a posta en valor dos recursos locais.

Como obxectivos complementarios, establécense os seguintes: valorización do espazo territorial da antiga Xurisdición da Lanzada; creación dun equipamento inexistente na comarca; contribuír á desestacionalización turística; e conexión co itinerario cultural “Ruta dei Fenici” do Consello de Europa.

A rehabilitación permitirá crear o museo da paisaxe cultural da Lanzada, no que se presentará a riqueza patrimonial e cultural da antiga xurisdición, a partir dos achados do sitio arqueolóxico da Lanzada, combinado cun programa de dinamización dos diversos patrimonios que conforman esta paisaxe cultural, contando coa participación da poboación e do tecido social local.

 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais