Rehabilitación da Casa Reitoral San Martiño de Mondoñedo como Museo
Ámbito de actuación: Foz. Lugo
Cliente: Dirección Xeral de Patrimonio. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia.
Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación. Urbanismo. Musealización.
Descrición:
A casa reitoral reorganízase para aloxar dous usos diferenciados, por un lado o uso de vivenda, que lle é propio como casa reitoral, e por outro un novo uso de museo vinculado á igrexa. Para iso, distribúese en dúas zonas independentes con entradas propias. A planta baixa e metade da planta primeira destinaranse ao museo, mentres que o resto da planta primeira e a planta baixo-cuberta destinaranse ao uso de vivenda do párroco. Aprovéitase a disposición construtiva orixinal da casa resolta en dúas coxías para separar os usos da planta primeira mediante o muro mestre central.
Realízase un acondicionamento e urbanización exterior, e rehabilítase a edificación anexa, completando así o proceso de recuperación do conxunto.
Colaborador: José Luis Martínez Raído