Novas > Rehabilitación do Pazo de Quintáns (1,5% Cultural, Ministerio de Fomento)

Rehabilitación do Pazo de Quintáns (1,5% Cultural, Ministerio de Fomento)

En 2017 Crecente Asociados preparou a documentación técnica necesaria para a solicitude, por parte do Concello de Sanxenxo, da inclusión do proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns no programa 1,5% cultural do Ministerio de Fomento.

Recentemente tense coñecido a resolución, resultando o Pazo de Quintáns un dos proxectos seleccionados. Iníciase o camiño para a recuperación do Pazo, actualmente en grave proceso de deterioro material e estrutural a consecuencia do prolongado abandono.

A rehabilitación permitirá crear o museo da paisaxe cultural da Lanzada, no que se presentará a riqueza patrimonial e cultural da antiga xurisdición, a partir dos achados do sitio arqueolóxico da Lanzada, combinado cun programa de dinamización dos diversos patrimonios que conforman esta paisaxe cultural, contando coa participación da poboación e do tecido social local.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais