Novas > Rehabilitación do Pazo de Quintáns

Rehabilitación do Pazo de Quintáns

Por encargo do Concello de Sanxenxo, Crecente Asociados redactou o proxecto básico e de execución de rehabilitación do Pazo de Quintáns como Museo da Paisaxe Cultural da Lanzada. 

O Pazo foi declarado Ben de Interese Cultural por Decreto 28/2017 de 9 de febreiro, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia e seleccionado polo Ministerio de Fomento en febreiro de 2018 como un dos proxectos do Programa de Rehabilitación Arquitectónica do 1,5% Cultural 2017.

Como principios básicos, o proxecto redactado por este equipo proponse: contribuír ao seu mellor coñecemento, rehabilitación, conservación e mantemento; deseñar unha intervención compatible coas estruturas e espazos dispoñibles; e a posta en valor dos recursos locais. Como obxectivos complementarios, establécense os seguintes: valorización do espazo territorial da antiga Xurisdición da Lanzada; creación dun equipamento inexistente na comarca; contribuír á desestacionalización turística; e conexión co itinerario cultural “Ruta dei fenici” do Consello de Europa.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais