Proxectos > Rehabilitación e Ampliación Balneario Baños de Brea

Ámbito de actuación: Vila de Cruces. Pontevedra.

Cliente: Os Baños da Brea

Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación. Ampliación.

Descrición:

O proxecto parte da creación dun Hotel-Balneario que se singularice polo valor dos seus recursos naturais, a auga termal e a paisaxe, potenciando a posta en valor das vistas, a topografía, os bosques, o río Deza e o núcleo próximo. As instalacións hoteleiras complétanse coa inclusión das novas habitacións, reordenando os espazos comúns, as circulacións e os servizos, e conseguindo, á súa vez, a conexión co terreo a través das terrazas xeradas coa escavación das cembas. Constrúese un novo centro lúdico termal que complementa os tratamentos e servizos, ao tempo que xera unha oferta singular na comarca, e remata o conxunto edificado axudando á súa integración no contorno.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais