Novas > Relatorio no curso "Paisaxes culturais: patrimonio, turismo sostible e gobernanza para o desenvolvemento territorial da España baleira"

Formación

Relatorio no curso "Paisaxes culturais: patrimonio, turismo sostible e gobernanza para o desenvolvemento territorial da España baleira"

Durante os días 15, 16 e 17 de xullo tivo lugar a 31.ª Edición dos Cursos de Verán UNED 2020, baixo o título de "Paisaxes culturais: patrimonio, turismo sostible e gobernanza para o desenvolvemento territorial da España baleira". En coordinación coa Fundación Las Médulas e dirixido pola UNED en Ponferrada, o obxectivo do curso foi pór en valor as paisaxes culturais como grandes recursos para o desenvolvemento de territorio, sobre todo os de carácter rural.

Durante as sesións analizáronse en profundidade os aspectos chave das ferramentas de xestión do territorio e a súa importancia para o sector turístico e para a comunidade local. A maiores destas aportacións teóricas, puxéronse de manifesto aportacións prácticas como os casos de Valle Salado de Añana (Álava) ou a Ribeira Sacra (Galicia), esta última impartida por Mario Crecente, director de Crecente Asociados e coordinador da Candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

Finalmente, os asistentes puideron desfrutar dunha visita guiada presencial ao Espazo Cultural e Natural das Médulas da man de Jimena Martínez Quintana, directora da Fundación desta paisaxe cultural, declarada Patrimonio Mundial en 1997.

Autor L La Mata
Autor L La Mata

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais