Novas > Rematan as obras de execución da cuberta da cociña do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro (Ares)

Rematan as obras de execución da cuberta da cociña do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro (Ares)

Por encargo do Concello de Ares, Crecente Asociados levou a cabo a dirección de obra da instalación da nova cuberta da cociña do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. Ademais da cuberta, os traballos permitiron sanear os muros interiores da cociña, renovar os elementos de carpintería e recuperar a fonte orixinal.

A intervención devolveu a cuberta ao seu estado orixinal e permitiu solucionar as filtracións de auga existentes, erradicando problemas de óxido, pingueiras e desprendementos. Ademais, restaurouse a cambota da cheminea da sala principal, saneouse a parte exterior do muro, acometéronse reparacións na fachada do inmoble e suprimiuse o tabique que dividía en dous a sala principal.

No transcurso das obras, atopáronse elementos de interese histórico, destacando o achado das latrinas orixinais do Mosteiro, un forno situado xunto á cambota e a localización da antiga canalización de auga procedente dos mananciais, todos eles integráronse na solución final. Os paramentos recollen mostras de todas as épocas e integran unha intervención contemporánea de Ricardo Pérez.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais