Novas > Reunión da European Heritage Alliance 3.3

Reunión da European Heritage Alliance 3.3

O 8 de marzo, Mario Crecente, como Vicepresidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), asistiu á reunión plenaria da European Heritage Alliance 3.3 en Bruxelas (Bélxica), unha plataforma sectorial europea de carácter informal, composta por mais de 40 redes internacionais e organizacións activas no campo do patrimonio cultural.

Foi a primeira reunión desta plataforma durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural (EYCH2018) e centrouse en debater sobre os últimos avances políticos e o futuro da axenda cultural da Unión Europea.

Durante esta reunión anunciouse a creación de dous grupos de traballo, un para propor un "Manifesto" para o Cumio do Patrimonio Cultural Europeo (Berlín, 18-24 de xuño de 2018) e outro para definir a estratexia da futura alianza, mais aló de 2018.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais