Proxectos > Seminario Internacional "As idades da auga"

Seminario Internacional "As idades da auga"

Ámbito de actuación: Eurocidade Chaves-Verín

Temática: Medio Ambiente, Patrimonio Termal, Planificación, Formación

Descrición:

Do 3 ao 7 de abril celebrouse na Eurociudade Chaves-Verín o Seminario Internacional "As idades da auga", organizado pola Escola Galega da Paisaxe e coordinado por Mario Crecente.

O Seminario, centrado no papel da auga como construtora da paisaxe, estivo estruturado ao redor de sesións teóricas a cargo dos especialistas Joao Nunes, Paul T.Simons, Barbara Van der Wee, Luís de Ramón, Mercedes Máquez e Mario Crecente, combinadas con visitas a lugares de interese e talleres prácticos.

Como resultado desta reflexión integral sobre as paisaxes termais, a súa configuración, reciclaxe, usos, e a súa relación cos valores ambientais e a saúde, as alumnas e alumnos formularon propostas de xestión e ordenación territorial para a Eurocidade, que poderán servir como base para posibles proxectos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais