Proxectos > Formación en Stropylia-Kotychi. Grecia

Temática: Investigación

Promotores: Van HallLarensteinUniversity (WageningenUR)

Descrición:

Entre o 19 e o 26 de maio de 2012 ofrecemos formación en Grecia sobre o desenvolvemento sostible do parque nacional de Strophylia-Kotychi, no noroeste do Peloponeso, nun taller organizado pola Van HallLarensteinUniversity (WageningenUR) como parte do proxecto F:acts! da UE.

O obxecto deste taller era desenvolver, xunto cos estudantes de catro países diferentes, unha estratexia para realizar propostas que melloraran a xestión e a administración deste espazo natural y cultural.

Os obxectivos inclúen: crear posibles situacións para desenvolver a área de Strofylia para que se adapte e resista ao cambio climático; traballar con distintos sectores e escalas (comezar por unha área máis ampla e ir reducindo ata Strofylia); incluír os resultados das entrevistas ás partes interesadas para combinar os propósitos de Strofylia Natura 2000 e Ramsar co turismo, a agricultura e o desenvolvemento rural; identificar posibles sectores nunha área máis ampla que poidan apoiar un desenvolvemento sostible da zona, incluído o parque de Strofylia. Presentación final ante o Consello de Administración.

Los grupos aprenden de xestores locais, funcionarios, empresarios, visitas ao lugar y presentacións de diversos expertos de Grecia, Italia, España y Albania. Posteriormente, debaten e intercambian ideas cos expertos e profesores e, a partir desa base, desenvolven as diferentes propostas que presentaron ante as autoridades rexionais o último día.

Gozamos dunha estancia fantástica baixo o mando de WimTimmermans, a organización de JimmieSlijkhuis, e a asistencia e o apoio local de ChristianaLeontiou, que nos axudou a desprazarnos ata Strophylia-Kotychi, Patras, Delphi e a Acrópole.

www.factsproject.eu

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais