Proxectos > Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica

Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica

Ámbito de actuación: Internacional

Cliente: Fundación Juana de Vega

Temática: Xestión do Medio Rural. Paisaxe Cultural. Sistema de Información Xeográfica.

Descrición:

Por encargo da Fundación Juana de Vega, Crecente Asociados organizou o Workshop: “Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica”, que se celebrou no Parador de Santo Estevo os días 8 e 9 de novembro de 2018.

A xestión do medio rural, a despoboamento, así como o papel das novas tecnoloxías na protección da paisaxe, foron os temas clave sobre os que se realizaron presentacións, debates, e visitas para unha mellor comprensión do territorio.

Nestas xornadas participaron especialistas internacionais e expertos locais, con perfís moi diversos, o que permitiu enriquecer o debate e abordar os problemas presentados dende unha perspectiva transversal e multicriterio.

A conclusión foi a necesidade de crear unha estratexia a longo prazo que integre todas as visións e que partindo da Ribeira Sacra poida converterse nun referente para a súa implantación noutros territorios.

Tras a finalización do Workshop, editouse un dossier de conclusións que foi presentado no mes de decembro no Museo do Pobo Galego, e que está dispoñible en http://juanadevega.org/site/assets/files/3952/rsconclusions.pdf. Este documento é a antesala dunha publicación monográfica que conta co apoio da Fundación Juana de Vega e que será publicada a finais do 2019.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais