Novas > Visita a Baile Herculane

Visita a Baile Herculane

Entre o 18 e o 21 de xullo, Mario Crecente, como Presidente do Comité Científico da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas visitou a localidade de Baile Herculane para analizar os recursos culturais termais desta cidade romanesa e, en especial, o estado actual dos baños de Neptuno. Referencias e bibliografía sobre este edificio xa foran manexadas en 2016, con motivo dunha análise sobre o patrimonio termal abandonado en Europa, no marco do proxecto Thermal Heritage of Europe Atlas.

Este traballo de campo enmarcouse na visita dunha delegación internacional que tamén estivo composta por Werner Henn (concelleiro de Baden-Baden), Lisa Poetschki (representante de Great Spa Towns of Europe en Baden-Baden) e Hans Hornyk (representante de Great Spa Towns of Europe en Baden bei Wien).

A delegación mantivo tamén unha reunión co alcalde, Cristian Miclăou, e cun grupo de técnicos municipais, para presentarlles os obxectivos de EHTTA, así como os seus proxectos e eventos. Ademais, o grupo  entrevistouse con Oana Chirilă (Asociación Locus), quen participará no Congreso Internacional de Turismo Termal organizado por EHTTA en setembro e coordinado por Mario Crecente. Neste evento, Oana presentará á audiencia as accións desenvolvidas para aumentar a conciencia sobre o valor cultural dos Baños de Neptuno e salvar o edificio da ruína. Máis información sobre o congreso: https://thethermalcongress.com/

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais