Visita da Hispanic Society of America
Durante a visita do padroado da Hispanic Society of America a Galicia, Mario Crecente reuniuse cos participantes para presentarlles sobre o terreo os valores centrais da candidatura de Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial.
Este encontro, que sucede a outras reunións previas en Nova York, prodúcese neste 2025, coincidindo co centenario da viaxe de Ruth Matilda Anderson a Galicia, e as fotografías que esta tomou de diversos enclaves da nosa xeografía, entre os que se atopan o Mosteiro de Santo Estevo en Nogueira de Ramuín, ou a viña de Cortezada, na Teixeira.
Compartimos algunhas imaxes desta visita e desexamos poder saudar pronto de novo en Galicia ao padroado desta institución, fundada por Archer Milton Huntington en 1904 como unha “biblioteca, museo e institución educativa pública e gratuíta” co fin de contribuír ao “fomento do estudo das linguas, a literatura e a historia española e portuguesa, así como ao fomento do estudo dos países onde se fala ou se falou español e portugués”.