Waterscapes – Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro
Os días 6, 7 e 8 de novembro de 2023, Ribeira Sacra acollerá o Encontro Internacional “Waterscapes – Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro”, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
O evento ten entre os seus obxectivos o impulso do recoñecemento da auga como elemento construtor da paisaxe e, especialmente do valor e importancia que alcanza en ámbitos fluviais a acción conxunta do ser humano e a natureza ao longo da historia. Nas diferentes sesións participarán representantes de UNESCO, ICOMOS e IUCN, así como expertos do ámbito académico, xestores de sitios do Patrimonio Mundial e representantes de diversas iniciativas ao redor dos valores da auga.
Na web waterscapesribeirasacra.com está dispoñible o programa de conferencias e mesas redondas, así como as instrucións para poder participar, tanto de xeito presencial como telemático.