Novas > Workshop: “Thermal Heritage of Europe Atlas” (Caldas da Rainha, Portugal)

Workshop: “Thermal Heritage of Europe Atlas” (Caldas da Rainha, Portugal)

O día 11 de xaneiro o Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), do que Mario Crecente é Vicepresidente, organizou o Workshop “Thermal Heritage of Europe Atlas”, co apoio da Câmara Municipal das Caldas da Rainha (Portugal).

A estas xornadas acudiron especialistas internacionais relacionados co patrimonio termal, o turismo cultural e os sistemas de información xeográfica, que debateron sobre os pasos futuros para o desenvolvemento do proxecto "the atlas" e as bases da proposta que EHTTA proximamente a unha convocatoria Horizon 2020.

Durante o Workshop, ademais de conferencias e sesións de debate, organizáronse actividades de participación coa poboación local e realizáronse visitas culturais. Compartimos algunhas imaxes do evento.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais