Novas > Xornadas Sanxenxo na Historia

Xornadas Sanxenxo na Historia

O pasado 27 de agosto Mario Crecente participou na mesa redonda “Arquitectura de Sanxenxo”, celebrada durante a undécima edición das Xornadas Sanxenxo na Historia, organizadas pola Asociación Cultural de Estudos Locais de Sanxenxo, AELOS, entre os días 26 e 28 de agosto no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

A intervención de Mario Crecente xirou en torno á “Rehabilitación do Pazo de Quintáns”. Durante a mesma, o público puido visualizar materiais gráficos sobre a evolución histórica deste inmoble localizado na parroquia de Noalla, e coñecer os distintos traballos de valorización do edificio coordinados por Crecente Asociados (Plan Director, incoación como Ben de Interese Cultural e proxecto inicial de rehabilitación).

Nesta mesa de debate interveu tamén a presidenta de AELOS e Doutora en Arquitectura Alberta Lorenzo, que falou sobre as “Arquitecturas rehabilitadas de Sanxenxo”, centrándose nos casos do Priorado de Arra e a Casa de Don Fernando. Á finalización das respectivas presentacións, estableceuse un interesante coloquio entre ambos arquitectose o publico presente na sala moderado polo enxeñeiro Martín Padín González.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais