Novas > 7 Most Endangered Programme: Visita a Neptune Baths

7 Most Endangered Programme: Visita a Neptune Baths

No marco da implentación do programa 7 Most Endangered, dirixido por Europa Nostra en colaboración co European Investment Bank Institute, un equipo de expertos, entre os que se atopaba Mario Crecente, en calidade de Presidente do Comité Científico da EHTTA, visitou Romanía do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro.

Durante a misión, a delegación reuniuse en Bucarest con representantes das principais institucións nacionais romanesas, así como con representantes do municipio de Băile Herculane e de asociacións locais para ofrecer asistencia especializada na recuperación do edificio Neptune Baths, que se atopa en perigo.

A delegación tamén visitou Neptune Baths para examinar de primeira man o estado do edificio e a súa contorna e avaliar os riscos que o afectan. A delegación está a preparar o informe da misión, que se presentará a todas as autoridades nacionais, rexionais e locais pertinentes de Romanía.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais