Novas > A Cabana. Turismo Industrial

Planificación

A Cabana. Turismo Industrial

A proposta, efectuada por encargo da Secretaría Xeral para o Deporte, pretende a posta en valor do antigo arsenal civil da Cabana, que hoxe alberga as instalacións deportivas marítimas municipais e un singular dique de carena, labrado en pedra de 50x15x3 m. As actuacións previstas comportarían:

• A creación dun centro polideportivo do mar para a cidade de Ferrol e a súa comarca.

• Incorporar o patrimonio marítimo a flote e a súa recuperación á actividade da zona.

• Rehabilitar e poñer en uso o dique de carena e os edificios abandonados do arsenal.

• Restaurar a fronte marítima e ordenar os accesos de cidadáns e visitantes.

• Abrir o espazo ao uso público e ás vistas dende a estrada a San Felipe ao mar.

• Soterrar as liñas eléctricas e tratar as edificacións inadecuadas no bordo litoral.

• CREAR UNHA NOVA OFERTA TURÍSTICA A INTEGRAR NA RUTA DO PATRIMONIO INDUSTRIAL.

Afectarían á renovación e dotación de instalacións aos clubs deportivos de actividades de remo, vela, subacuáticas, así como ás asociacións de patrimonio marítimo. Incorporaría aparcadoiros públicos, almacenes e servizos para embarcacións e tripulantes. Na área patrimonial, incorpora a restauración do dique de carena e dos talleres. Tamén integra en diversas terrazas, unha cafetería/bar e restaurante con vistas panorámicas da ría de Ferrol. A superficie total de actuación é de 7.800 m² construídos e 8.000 m² de urbanización, con un orzamento estimado de 9 millóns de euros.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais