Novas > A importancia das cidades termais na Europa do século XXI

A importancia das cidades termais na Europa do século XXI

O venres 22 de Marzo, coincidindo co día mundial da auga, tivo lugar a conferencia “A importancia das Cidades Termais na Europa do século XXI” no Comité das Rexións en Bruxelas, organizada polo “Asociación Europea de Gobernos Locais” (Partenalia) e apoiado pola “Asociación Europea de Cidades Históricas Termais” (EHTTA).

Mario Crecente, asistiu ao evento como vicepresidente do Comité Científico da EHTTA, onde os membros de Partenalia e da EHTTA intercambiaron opinións e debateron acerca da importancia das cidades termais históricas para o desenvolvemento económico e a calidade de vida nas cidades europeas do século XXI.

Durante a súa participación, Mario Crecente fixo referencia a oportunidade que representa o Atlas do Patrimonio Termal en Europa e organizou unha sesión participativa de What’Spa. Mediante esta actividade práctica deseñada polo Comité Científico da EHTTA, todos os asistentes ao encontro reflexionaron sobre o pasado, presente e futuro das cidades termais. Durante os últimos meses esta actividade tamén se levou a cabo en Caldas da Rainha, Madrid, Enghien les Bains e Bath, permitindo recoller información cualitativa sobre a evolución e estado actual do patrimonio termal.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais