Proxectos > Acondicionamento do Cabido como Sala de Interpretación do Mosteiro de Montefaro.

Acondicionamento do Cabido como Sala de Interpretación do Mosteiro de Montefaro.

Proyectos

Ámbito de actuación: Cervás. Ares.

Cliente: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

Temática: Básico e de Execución. Rehabilitación. Musealización.

Descrición:

Con esta intervención, recupérase o cabido previo á nave presente na configuración orixinal do templo do Mosteiro. Un moble expositor delimita este espazo, recollido na planimetría de 1873, ao tempo que crea unha nova exposición das pezas arquitectónicas-escultóricas, permitindo comprender a Igrexa dende a súa orixe gótica, pasando pola reforma barroca, ata a reforma militar de finais do século XIX e principios do século XX. Recupéranse a porta orixinal da igrexa, un oco lateral e a ventá do coro, e mellóranse as condicións de accesibilidade. O sistema de iluminación suxerido representa a bóveda de aresta orixinal.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais