Proxectos > Adecuación de terreos exteriores ao aire libre e mellora do contorno e implantación da fonte Bouvette.

Ámbito de actuación: Ourense

Cliente: Concello de Ourense

Temática: Básico e de Execución. Obra nova. Urbanismo Termal.

Descrición:

Este proxecto propón a construción dun pavillón termal, seguindo a tipoloxía das "Bouvettes", que marcará o inicio do novo Parque Termal do Campo de Santiago, resolvendo as diferentes cotas do paseo do Río e do Paseo do Tinteiro, e a integración do río e do paseo fluvial.

O pavillón albergará unha fonte de auga mineromedicinal cuberta, para o seu uso como auga en Bebida, espazos estanciais e para "pasear a auga" e información sobre as propiedades e usos das mesmas, así como as instalacións precisas para e seu funcionamento e o control sanitario e hidroxeolóxico.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais