Proxectos > Asistencia técnica para a identificación dos grandes retos, a estratexia e a proposta de actuación para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017- 2020

Asistencia técnica para a identificación dos grandes retos, a estratexia e a proposta de actuación para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017- 2020

Ámbito de actuación: Galicia

Cliente: Cluster de Turismo de Galicia

Temática: Planificación. Participación. Turismo

Descrición:

Tras a finalización do período de execución do Plan Integral de Turismo de Galicia- PITGA (2014-2016), a Axencia de Turismo de Galicia, da man do Cluster de Turismo de Galicia, propúxose desenvolver a planificación turística estratéxica da nosa Comunidade para os seguintes catro anos (2017-2020).

En agosto de 2016, Crecente Asociados foi seleccionado polo Cluster de Turismo de Galicia para levar a cabo a identificación dos grandes retos, estratexia e proposta de actuación do novo plan de Turismo.

O traballo, desenvolto entre agosto e decembro de 2016, baseouse na escoita permanente ao sector e na procura da máxima participación. A tal fin, leváronse a cabo enquisas online (coa colaboración da empresa Ideara), entrevistas en profundidade e mesas de participación. Estas últimas, guiadas polo obxecto de fomentar a reflexión e creatividade, organizáronse en lugares alternativos a salas de reunións habituais e contaron con dúas intervencións previas a cargo de expertos, tanto locais como internacionais.

O resultado foi un documento estruturado en: Actas das mesas de traballo, Informe de conclusións das mesas de traballo, Entrevistas, Informe “10 retos e 10 propostas”, Misión e Visión e Propostas (para cada unha das cales se sinalaban axentes implicados, descrición, axenda, orzamento, factor clave de implementación e accións relacionadas).

A partir do traballo elaborado por Crecente Asociados, así como do desenvolvido por outros equipos e Universidades, a Axencia de Turismo de Galicia e o Cluster de Turismo de Galicia lanzaron a Estratexia de Turismo de Galicia, dispoñible en: https://www.turismo.gal/canle-institucional/turismo-de-galicia/a-axencia/estratexia-do-turismo-de-galicia-2020?langId=es_ES

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais