Novas > Candidatura de Ribeira Sacra á lista do Patrimonio Mundial da UNESCO

Candidatura de Ribeira Sacra á lista do Patrimonio Mundial da UNESCO

Durante a última reunión do Consello do Patrimonio Histórico Español, celebrada no Parador de Santo Estevo os días 4 e 5 de abril, aprobouse por unanimidade a Ribeira Sacra como nova candidatura española á Lista do Patrimonio Mundial.

A candidatura será presentada ante UNESCO en febreiro de 2020 e a inclusión avaliarase en 2021. A decisión do Comité é froito da avaliación do formulario da candidatura desenvolvido por un equipo multidisciplinar, baixo a dirección científica de Ana Goy Diz e a coordinado por Crecente Asociados.  

Culmínase así un traballo que comezou en 1996 coa inscrición da Ribeira Sacra na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial e que se ten nutrido dun intenso traballo de investigación e participación, tendo como un dos seus principais fitos a declaración deste territorio como Ben de Interese Cultural na Categoría de Paisaxe Cultural en decembro de 2018.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais