Novas > European Thermal Heritage Day 2020

European Thermal Heritage Day 2020

O European Thermal Heritage Day naceu en 2018 como unha celebración do Patrimonio Termal Europeo e como unha oportunidade para concienciar sobre a súa importancia a todos os niveis. A primeira edición tivo lugar en Budapest coincidindo co centenario da apertura do Hotel Gellert, e a segunda acolleuna a cidade  belga de  Spa.

O pasado 16 de outubro celebrouse a terceira edición, cuxa sede virtual foi Baden-Baden. Baixo o tema central “Arquitectura Termal”, o evento estruturouse nunha inauguración, unha sesión de presentacións e unha mesa redonda, seguidas dun paseo turístico dixital pola cidade de Baden-Baden.

Mario Crecente participou na sesión de presentacións para reflexionar sobre a pregunta “Existe a arquitectura termal?”. Nesta parte do evento participaron tamén Paul Simons, secretario xeral da candidatura a Patrimonio Mundial Great Spas of Europe, e o Dr. Andreas Förderer, experto en Patrimonio Mundial e Turismo da Cámara de Comercio de Karlsruhe.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais