Congreso Internacional de Termalismo (Chaves)
Os días 14 e 15 de novembro celebrouse en Chaves (Portugal) o Congreso Internacional de Termalismo, organizado pola Asociación Termas de Portugal, a Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e o Municipio de Chaves.
O 14 de novembro Mario Crecente moderou a mesa redonda "Desenvolvemento dos territorios termais", na que tamén participaron Nuno Vaz Ribeiro (Municipio de Chaves); José Juan Cerdeira Lois (Deputación de Ourense); Maria José Alves (Aquavalor - Centro de valorización e transferencia de tecnoloxía del auga); Manuel Sarria (Confederación Hidrográfica Miño-Sil) e Pedro Mouro (Sección de Termas da Asociación Nacional de Municipios Portugueses).
Compartimos algunhas imaxes do evento, que contou cun alto de número de participantes e que congregou a algúns dos mellores especialistas internacionais en desenvolvemento económico a partir da dinamización de recursos termais, desde a perspectiva da investigación, a recuperación ambiental, a conservación de espazos naturais e a valorización de elementos patrimoniais.