Curso UIMP “Deseño e xestión de destinos de turismo relixioso”
Os días 11 e 12 de xullo celébrase en Santander o curso de verán da UIMP “Deseño e xestión de destinos de turismo relixioso”, un produto moi específico e sensible, que require especial coidado á hora de deseñar destinos e estratexias.
No marco do Palacio da Madalena analizaranse os casos de Caravaca de la Cruz, a Sagrada Familia, o Camiño de Santiago e, por suposto, o Camiño Lebaniego, que a Consellería de Cultura, Turismo e Deporte do Goberno de Cantabria pretende impulsar como referente do turismo relixioso. Todo iso xunto a sesións específicas destinadas a estudar o impacto deste tipo de turismo en termos sociais e económicos ou a profundar na historia das peregrinacións.
Mario Crecente intervirá para falar dos camiños de peregrinación como itinerarios culturais, analizando a evolución da protección a diversas escalas e presentando as oportunidades que supón o traballo en rede. Convidámosvos a consultar o programa e a inscribirvos en nesta ligazón.