Proxectos > Delimitación Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía

Ámbito de actuación: Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía

Cliente: Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia.

Temática: Concurso. Planificación. Urbanismo.

Descrición:

Trátase dun traballo multidisciplinario de análise do percorrido do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía e o seu contorno. O obxecto do mesmo é a definición da traza histórica do Camiño, en función do máis exhaustivo coñecemento dispoñible: histórico, documental, arqueolóxico, construtivo, toponímico, arquitectónico, etc., para formular unha proposta razoada de trazado, e de protección do seu contorno, plasmado sobre a base dun completo sistema de información xeográfica deseñado especificamente. Complétase o traballo con diversos estudos sectoriais, ferramentas que faciliten a súa xestión e propostas de intervención.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais