Novas > Día Mundial da Arquitectura 2014

Formación

Día Mundial da Arquitectura 2014

Hoxe, día 6 de outubro de 2014, como cada primeiro luns de outubro, celébrase o Día Mundial da Arquitectura. O lema seleccionado para este ano, "Cidades saludables, cidades felices", invítanos a reflexionar sobre a responsabilidade do arquitecto na construción de espazos sostibles, saudables e capaces de mellorar a calidade de vida da poboación.

Compartimos unha imaxe pertencente ao Estudo Previo para unha Área de Rehabilitación Integrada no Barrio De Las Flores (Plan Global de Rexeneración e Renovación Urbana), realizado por Crecente Asociados en colaboración con ON Arquitectos. Neste estudo, a través dun enfoque integrado e global, e facendo uso de métodos de xestión apropiados, preténdese dar resposta ás necesidades dos habitantes deste barrio coruñés.

As propostas, de contido social, medioambiental e cultural, conforman un engrenaxe no que as actuacións sobre SOSTIBILIDADE REAL, relacionadas coa xestión da enerxía, se trasladan á SOSTIBILIDADE SOCIAL, contribuíndo así á rexeneración e dinamización da vida da poboación local e seguindo o ronsel proposto para este día pola Unión Internacional de Arquitectos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais