Proxectos > Documental "Eloxio da Distancia"

Ámbito de actuación: Terras de Burón. Comarca de A Fonsagrada. Lugo

Cliente: Bren entertainment

Temática: Investigación

Descrición:

A raíz do Plan de Dinamización Turística que redactamos para "Terras de Burón" na Comarca da Fonsagrada, unha das propostas formuladas no devandito Plan recollía a idea de realizar un documental que recollese a idea principal do Plan: "O Eloxio da Distancia", baseado na descrición que Otero Pedrayo presenta na súa Guía de Galicia, transformando agora esa Distancia nun motivo de atracción ao visitante que busca perderse, illarse e gozar desa Distancia.

Partindo desa idea, suxeriuse ao produtor Julio Fernández, orixinario do lugar, ao guionistaJulioLlamazares e ao director Felipe Vega, que a acolleron con entusiasmo, apoiado polo interese da Dirección Xeral de Turismo da Xunta, e o soporte e lucidez de Pepe Coira e o seu equipo.

O noso papel no documental é a idea orixinal e actuamos como produtores asociados.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais