Proxectos > Documento base de incoación como Ben de Interese Cultural, da zona das Burgas da vila de Cuntis

Documento base de incoación como Ben de Interese Cultural, da zona das Burgas da vila de Cuntis

Ámbito de actuación: Zona das Burgas da Vila de Cuntis

Cliente: Concello de Cuntis

Temática: Patrimonio Cultural. Bens de Interese Cultural.

Descrición:

Crecente Asociados redactou entre febreiro e abril de 2015 o documento base de incoación como Ben de Interese Cultural do Conxunto Histórico Termal de Cuntis por encargo do Concello de Cuntis.

O documento redactouse de acordo ao definido no decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula a declaración de Ben de Interese Cultural, e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural para Galicia.

Para o desenvolvemento dos traballos partiuse do análise dos valores patrimoniais da zona desde unha perspectiva multidisciplinar, presentando a información organizada nas seguintes áreas:

  • Estudio Histórico do ámbito e a contorna.
  • Estudo arqueolóxico da zona e da súa contextualización.
  • Análise arquitectónico, e urbanístico, da orixe histórica ata a configuración actual.
  • Proposta da figura de Ben de Interese Cultural máis axeitada os valores do lugar.
  • Delimitación concreta e exhaustiva do ámbito, e dunha contorna de cautela.

O Informe acompañouse dun análise da situación xurídica, incluíndo á referencia aos titulares dos dereitos de propiedade, e dunha recompilación de documentos gráficos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais