Novas > EHTTA General Assembly in Loutraki

Consultoría

EHTTA General Assembly in Loutraki

A Asemblea Xeral de Outono da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) celebrouse por primeira vez en Grecia, na cidade de Loutraki, entre o 3 e o 5 de outubro. A sesión foi moi produtiva e nela estudáronse propostas importantes. Ademais das decisións operativas e financeiras tomadas, aprobouse a adhesión das cidades de Pamukkale (Turquía), Kislovodsk (Rusia), Mondariz-Balneario (España) e Imereti (Xeorgia) á Asociación.

Mario Crecente, director de Crecente Asociados e vicepresidente do Comité Científico de EHTTA, presentou un informe sobre o resumo des convocatorias da UE para o Atlas do Patrimonio Termal de Europa.

Ademais, os participantes na Asemblea Xeral (representantes de máis de 20 países) realizaron unha visita de estudio arredor de Loutraki e participaron no Loutraki's Café of Europe, titulado "Visións termais: Investir na innovación social e a economía circular para o termalismo sostible"

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais