Proxectos > VICEPRESIDENTE DO COMITÉ CIENTÍFICO DA EHTTA

VICEPRESIDENTE DO COMITÉ CIENTÍFICO DA EHTTA

Investigación

Na Asemblea xeral de Evian, celebrada en novembro de 2011, a Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) determinou a función dun Comité Científico de expertos. O seu trabalo apoiaría os obxectivos xerais da Asociación, establecidos nos estatutos da mesma. Tamén se estableceron tres temas xerais adicionais no momento de solicitude da Ruta Europea de Cidades Termais Históricas: A posta en valor do patrimonio termal cultural de Europa. A revitalización das tradicións históricas das cidades termais europeas. A promoción do patrimonio e os conceptos de benestar e saúde das cidades balneario europeas.

Mario Crecente, Doutor Arquitecto e Director Xeral de Crecente Asociados, desenvolve as súas novas responsabilidades como Vicepresidente do Comité Científico da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, nun programa que trata de definir a perspectiva científica do Patrimonio Termal de Europa, a adherencia aos estándares da ruta cultural de Cidades Termais e promover as propostas de desenvolvemento destes obxectivos.

Con estes obxectivos, e en estreita colaboración co Presidente do Comité Científico, Mario asistiu ás reunións de París (Francia), Bath (Reino Unido) e Montecatini Terme (Italia) para desenvolver estes aspectos e atender as consultas das cidades membros. Así mesmo, realizáronse trabalos específicos de investigación científica, necesidade de propostas e reforzo da cooperación das cidades balneario e os balnearios a nivel internacional.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais