Novas > Estratexia do Turismo de Galicia: Mesas de traballo (Primeira Rolda)

Consultoría

Estratexia do Turismo de Galicia: Mesas de traballo (Primeira Rolda)

O pasado 26 de outubro finalizou a primeira rolda das 8 mesas de traballo convocadas no marco do servizo de "asistencia técnica para a identificación dos grandes retos, a estratexia e a proposta de actuación para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020" que Crecente Asociados está prestando ao Cluster de Turismo de Galicia.

Estas primeiras sesións, enfocadas a fomentar a reflexión e a creatividade, tiveron lugar en emprazamentos turísticos alternativos ás salas de reunións habituais e contaron con dúas intervencións previas a cargo de expertos, tanto locais como internacionais. Así, reunímonos no Centro de Interpretación da Torre de Hércules, no centro comarcal de Mondoñedo, no Balneario de Laias, nun barco que nos levou ata a Illa de San Simón, no Parador de Santo Estevo, no Castelo de Pambre, no Balneario de Mondariz e no Palacio de Xelmírez.

Compartimos convosco algunhas imaxes destas reunións, mentres analizamos os resultados obtidos, que se presentarán aos participantes durante a segunda sesión das mesas de traballo, que se celebrará a comezos de novembro.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais