Novas > Estratexia do Turismo de Galicia: Mesas de traballo (Segunda Rolda)

Consultoría

Estratexia do Turismo de Galicia: Mesas de traballo (Segunda Rolda)

O pasado 4 de novembro, celebrouse a última das 8 mesas de traballo convocadas no marco do servizo de "asistencia técnica para a identificación dos grandes retos, a estratexia e a proposta de actuación para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020" que Crecente Asociados está prestando ao Cluster de Turismo de Galicia.

Esta segunda sesión, baseada nos resultados obtidos nas primeiras mesas, permitiu que os 8 grupos validaran as conclusións extraídas da primeira rolda e que aportasen novas suxestións.

Para esta ocasión, deseñouse unha metodoloxía que bautizamos como o "bosque do turismo de Galicia", unha forma de articular retos, estratexias y propostas. As conclusións obtidas completaranse cos resultados das entrevistas individuais que estamos realizando e da enquisa en liña.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais