Proxectos > Estudio de Áreas Turísticas de Galicia

Ámbito de actuación: Galicia

Cliente: Secretaría Xeral para o Turismo. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

Temática: Consultoría

Descrición:

Proxecto orientado á definición de áreas turísticas de Galicia, solicitado pola Secretaría Xeral para o Turismo. O traballo engloba o estudo comparado sobre modelos de organización territorial do turismo en España; a definición de Destino Turístico, Zona Turística, Municipio Turístico e Lugar Turístico; o estudo da Comarcalización en Galicia polas diferentes administracións e ámbitos competenciais; e as relacións cos mecanismos de planificación (Directrices de Ordenación Territorial, POL, Lei de Paisaxe, etc.).

A proposta presenta a definición de áreas turísticas homoxéneas, en función dos seus recursos, territorio, produto, imaxe, consumo e promoción, e podería ser a base para un desenvolvemento eficiente das políticas de ordenación, fomento e promoción, o Turismo a incardinar na nova lei do sector, en tramitación.

Colaboradores: ITC Ménsula, ITO Consultores

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais