Novas > European Historic Thermal Towns Association: Reunión en Bruselas

European Historic Thermal Towns Association: Reunión en Bruselas

O 20 de febreiro, Mario Crecente, Vicepresidente do Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA) e Hugo Oliveira, Tenente Alcalde de Caldas da Rainha, desprazáronse a Bruxelas para entrevistarse co Comisario Europeo de Investigación, Ciencia e Innovación, Carlos Moedas.

Durante a reunión, presentaron o proxecto Thermal Heritage of Europe Atlas, que EHTTA impulsa activamente dende 2016, así como o seu estado actual e estratexias para o seu desenrolo futuro, entre as que destaca a proposta que se presentará proximamente a unha das convocatorias do programa Horizon 2020.

Do mesmo xeito, durante a súa estancia en Bruxelas, Mario Crecente acudiu en representación de EHTTA ao evento “Civil Society for reunaissance”, organizado polo Comité Económico e Social Europeo e que xirou en torno a cuestión de cómo mobilizar a sociedade civil no período previo as eleccións europeas.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais