Novas > European Thermal Heritage Day 2021

European Thermal Heritage Day 2021

O pasado 21 de outubro celebrouse a cuarta edición do European Thermal Heritage Day (EHTD), retransmitido dixitalmente desde a sala Christian Zais da Kurhaus, na cidade alemá de Wiesbaden. Este evento é organizado anualmente desde 2018 polo Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA). Tras tres exitosas edicións, o ETHD 2021 abriu unha nova serie centrada nas Paisaxes Terapéuticas. O tema específico deste ano foi “Urbanismo Termal”, en 2022 será “Parques e Xardíns” e no seguinte ano “Cidades Termais”.

Mario Crecente, como vicepresidente do Comité Científico de  EHTTA, participou no panel de expertos para presentar a conferencia “Urbanismo Termal: desde Wiesbaden ata Saratoga Springs”. Este ano fanse cen anos do pasamento de Simon Baruch, quen estudou os balnearios europeos e deseñou o “máis grandioso balneario do mundo” en Saratoga Springs (New York). Convidámosvos a ver este vídeo e coñecer máis sobre a relación entre Saratoga Springs e o urbanismo das cidades europeas termais.

O panel de expertos contou tamén coa participación de Paul Simons, quen falou sobre o “Urbanismo en Great Spas of Europe” e Thomas Weichel que presentou “Urbanismo Termal en Wiesbaden”. O programa completo está dispoñible nesta ligazón.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais