Novas > Finalización das obras de rehabilitación do Castelo de Pambre

Proyectos

Finalización das obras de rehabilitación do Castelo de Pambre

“…érguese o Castelo coma un fero e soberbio xigante,

ceñudo de energudos membros e que na súa arrogancia pretende

que a súa fegura se destaque entre as nubes. Costa traballo borrar

da alma a empresón que se sinte ao contemplar dende abaixo,

dende a ponte de Pambre, aquela masa…que resalta sobre o azul

do firmamento, ameazadora e como facendo un nudo pero

solemne requerimento…o Castelo máis antigo dos que se conserva

na nosa Galicia; o Castelo en que non poderon fincar o dente nin os

hermandiños do ano 1431 nin os do ano 1467, que, como é sabido,

arrasaron tódolos do noso país.” (Antonio López Ferreiro).

Comprácenos comunicar a finalización das obras de rehabilitación do Castelo de Pambre. Un proxecto que naceu co entusiasmo de recuperar esta histórica fortaleza, facéndoa accesible ao público xeral e incorporándoa ao uso cultural e turístico da comarca e de Galicia.

Unha obra abordada con gran ilusión por todo o equipo, alentada polos importantes descubrimentos dos traballos, das escavacións arqueolóxicas, e da lectura de paramentos.

Un soño que se fai hoxe realidade e que queremos compartir con vós a través das imaxes de Juan Rodríguez, fotógrafo que realizou a primeira reportaxe tras a finalización das obras. Convidámosvos a que visitedes o seu blog para descubrir máis imaxes e coñecer de primeira man a súa experiencia:

http://www.juanrodriguezphotography.com/blog/2015/11/rehabilitacion-castillo-de-pambre-juan-mario-crecente-arq/

 

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais