Novas > Futuro do Patrimonio Relixioso: turistas, viaxeiros e peregrinos no Camiño de Santiago

Consultoría

Futuro do Patrimonio Relixioso: turistas, viaxeiros e peregrinos no Camiño de Santiago

Mario Crecente participou na conferencia internacional bienal sobre o Futuro do Patrimonio Relixioso, que se celebrou do 9 ao 11 de novembro de 2016 en Vicenza. Nesta edición, a conferencia analizou a peregrinaxe dende a súa perspectiva tradicional e moderna baixo o título "Tourists, Travellers and Pilgrims: Encountering Religious Heritage in Today’s Europe" (Turistas, viaxeiros e peregrinos: Encontrarse co patrimonio relixioso na Europa de hoxe).

Durante a súa presentación, Mario Crecente falou sobre os turistas, os viaxeiros e os peregrinos no Camiño de Santiago. Presentou algúns exemplos de xestión (protección, rehabilitación e promoción) do Camiño en Europa, Galicia e Santiago.

Compartimos convosco algunhas imaxe da conferencia, así como un vídeo elaborado para a ocasión que amosa a relación da peregrinaxe coa ética, a experiencia e o contorno.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Notas legais